viernes, 21 de diciembre de 2012

España. Galicia. A apícola Pazo de Lusío, exemplo de desenvolvemento na zona rural

viernes 21 de diciembre de 2012
http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/apicola-pazo-lusio-exemplo-desenvolvemento-na-zona-rural/idEdicion-2012-12-21/idNoticia-782534/
Bandera España


A apícola Pazo de Lusío, exemplo de desenvolvemento na zona rural

A Consellería do Medio Rural, con cofinanciación da UE, potencia o agro // Envasa ó ano 40 toneladas de mel e 30 de pole de forma ecolóxica, e crea 5 empregos gracias ao PDR

O mel de Paso de Lusío provén de colmenas da montaña lucenseFOTO:
O mel de Paso de Lusío provén de colmenas da montaña lucenseFOTO:

A- A+

Tendo en conta o elevado peso económico e social do sector agrario no conxunto da economía galega, así como a dependencia da actividade agraria dunha ampla parte do espazo rural, a Consellería do Medio Rural coordina diversas actuacións de desenvolvemento rural, co fin de lograr unha política neste eido máis coherente e eficaz.
A Política de Desenvolvemento Rural cofinanciada con fondos comunitarios desenvólvese no período 2007-2013 a través do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia, no que se establecen as principais chaves estratéxicas para avanzar na consecución dun obxectivo básico: a viabilidade social e económica das áreas rurais.
O PDR de Galicia para a etapa 2007-2013 plásmase na práctica con ambiciosos proxectos para mellorar a competitividade agraria, mellorar o medio ambiente e o entorno rural, mellorar a calidad de vida en zonas rurais, diversificar a súa economía, crear emprego e fixar poboación. Todos os proxectos contan coa financiación do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural.
Nuns deses proxectos, que pode ser paradigmático, a empresa Pazo de Lusío recibe unha subvención de 571.212 euros para a instalación dunha industria de extración e envasado de mel e polen ecolóxico procedentes de colmenas da montaña de Lugo.
Varios son os obxectivos deste programa. En primeiro lugar, contempla medidas para reforzar a base produtiva agroalimentaria e forestal, reestruturando e desenvolvendo o potencial físico e promovendo a innovación. Ademais, aumenta o valor engadido dos produtos agrícolas e forestais. Preténdese, deste xeito, mellorar a viabilidade económica das empresas a través da mellora da xestión, a redución de custos, o incremento do tamaño das empresas, a diversificación das producións e o desenvolvemento e utilización de novos produtos, procesos e tecnoloxías. Por último, apoiando a instalación desta industria de extracción e envasado de mel e polen ecolóxico en Bóveda, que ten previsto envasar anualmente 40 tm. de mel e 30 tm. de polen, se crean tamén cinco postos de traballo estables.
Pazo de Lusío está radicada en Bóveda e é unha filial de Mel da Anta, unha empresa familiar de Samos que leva traballando de forma industrial no sector apícola desde a década dos 80. A súas colmenas atópanse todas instaladas a máis de 500 metros de altitude, polas serras dos Ancares e do Courel. A distribución dos seus produtos realízase por toda Galicia e España, cunha cuota de exportación tamén a Alemania, Francia e Bélxica. Todos os seus produtos levan o selo da Indicación Xeográfica Protexida Mel de Galicia, e unha parte importante das súas colmenas están inscritas no Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia.
Con este tipo de actuación, o principal obxectivo da Consellería do Medio Rural é crear un marco coherente e firme que garanta o futuro do medio rural e contribúa ao mantemento e á creación de emprego.
Segundo a consellería, acadar estes propósitos, para os que conta coa axuda de fondos europeos, "pasa por reforzar o sector agrario e o forestal e mellorar a competitividade das zonas rurais, ao tempo que se incentiva un modelo de produción diversificado e respectuoso co medio ambiente".
O maior apicultor de toda España
10.000 colmeas. A familia Corral leva dedicada ó mundo das abellas desde hai máis dun século. En 1897 xa poseían un bo número de colmeas e nunca deixaron de explotalas. Pero foi en 1983 cando David Corral Pombo, o actual propietario das empresas Mel da Anta e Pazo de Lusío, deu o salto da produción caseira á industrial, para o que decidiu mercar 1.000 colmeas e construór unha planta con maquinaria para envasar.
Actualmente, David Corral é o maior apicultor de toda España por número de colmeas, arredor de 10.000. Delas, 6.000 explótaas de maneira convencional e as 4.000 restantes de forma ecolóxica. Estas últimas son as que traballa a firma Pazo de Lusío, que conta coa subvención a cargo dos fondos europeos, a través dun programa específico xestionado pola Consellería de Medio Rural.

No hay comentarios:

Publicar un comentario